XXV ANIVERSARIO CLUB DE REMO ROBALEIRA

 

 

No ano 2014, o Club de remo Robaleira cumpriu 25 anos, parece que foi onte cando un grupo de amigos xuntaronse na cofradía de pescadores de Sta. Tegra e celebraron esa primeira xunta ou asamblea era ó 25 de marzo do ano 1989, nesta asamblea expresase o desexo de fundar un club de remo, atras, no recordo quedaban as regatas entre as tabernas no día da festa da del Carmen. O Chupaovos, o Jaula, o Ligero, regatas tripulacións e xentes do mar que foron a semente na que se inspiraron este grupo de amigos, para poder recuperar a tradición do remo nese intre esquecida, e da que só quedaba un recordo, na memoria de algúns dos maís vellos dese momento, e algunha foto esquecida nun caixón. Pouca semente, pero foi suficiente para manter vivo na memoria o latexo do remo que  de algún xeito serviu de rescoldo, para avivar o lume, que a fixo rexurdir. 

 

Despois veo buscar o nome do club, redactar os estatutos, configurar a directiva, celebrase a primeira asamblea xeral o día 29 de Abril do mesmo ano, nesta asamblea queda formalmente constituido o Club, despos tocou inscribir o Club na federación, ante a Xunta e demais organismos oficiales. Cos cartos de dosus socios entusiastas, que desprazanse a Mugardos mercase un batel de segunda man, 165.000 pts, das de entón. Ainda falabamos en pesetas. Hubo que reparalo, mercar unha palamenta, e continuar co traballo de fundar o club, buscar a masa social...

 





Iniciouse un la labor de bucar socios, e estes habia que ir a buscalos ata debaixo das pedras, é raro tanto hoxe, como naquela, que alguen veña e diga  -faeme socio. Non, non é tan doado nin agora, nin moito menos antes nos inicios, que sempre son duros, so cando alguen cree no que fae, como creian eles, e cree de verdade en algo e se logra transmitilo, e poden convencerte, ese convencemento do grupo de amigos, ven sendo o orixen do Club de Remo Robaleira.